Libraría Chan da Pólvora, Rúa de San Pedro, Santiago de Compostela

Noelia Gómez e Tania Brandariz-. Corenta mulleres asasinadas en 2016. Sesenta ao remate do 2015. As cifras, case rozando o último mes do ano, non son positivas. Se ben é certo que, en palabras da subdirectora xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Belén Liste, “calquera mellora ou iniciativa que se faga en materia de violencia de xénero é positiva”, estamos aínda lonxe de erradicar esta lacra tan latente na nosa sociedade. As súas marcadas manifestacións déixanse entrever dende a propia da adolescencia, mais non entende de idades.

captura

 

Fonte: Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade

 

As denuncias e o ámbito xeográfico

Neste ano, o número de denuncias ascendeu a 16, é dicir, un 40% do total de casos de violencia machista. Delas, resulta representativo que 13 foron presentadas pola propia agredida. As tres restantes, por persoas cercanas á vítima. Con todo, son máis as que toman a iniciativa por si mesmas que aquelas ás que alguén intenta axudar interpoñendo. A maiores, cabe salientar que as Comunidades Autónomas que sobresaen polo número de mulleres asasinadas son Illas Baleares, Castilla y León e Comunitat Valenciana, con seis vítimas nos tres casos.

imagen-sub

Fonte: Miniterio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

 

25N, unha andaina histórica

O 25 de novembro é unha data de loita. O día adicado a rematar coas diferentes formas de violencia que sofren as mulleres. Física, psicolóxica-emocional, sexual e económica patrimonial son algúns dos tipos de violencia existentes actualmente contra o sexo feminino.

A idea de elixir o 25 de novembro como o día adicado ás mulleres que sofren algún tipo de violencia naceu no Primeiro Encontro Feministra de Latinoamérica e do Caribe que tivo lugar en Colombio en xullo de 1981. Elixiuse esta data para conmemorar a morte das irmáns Mirabal -Patria, Minerva e Maria Teresa-, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960  pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.

En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller, na que se definiu a ‘violencia contra a muller’ como «todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vía pública ou na vía privada. »

O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A ONU convidou a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a organizar actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto do problema.

Compostela en negro

Compostela e outros 16 concellos galegos uníronse á campaña Compostela en negro, unha iniciativa que pretende concienciar á sociedade da lacra machista. Pretendíase que os establecementos, institucións e organismos colaborasen, a través dunha pequena aportación, na sensibilización da violencia exercida contra as mulleres. A campaña comezou o venres 18 e terá por duración dez días.

               _dsc0345

_dsc0346

 

 

Rúa das Orfas, Santiago de Compostela

Concienciar e educar na igualdade é unha premisa necesaria para rematar con esta lacra que ataca a toda a sociedade. Con todo, 17 anos despois, a loita continúa.

Anuncios